DÍA DE LA EDUCACIÓN FÍSICA EN LA CALLE
Bos días, esperamos que estedes
todos ben e alegrámonos de que xa podades saír da casa, polo menos a pasear.
Dende o departamento de Educación
Física (Infantil, Primaria e Secundaria) queremos faceros saber que o día 28 de Abril celebrouse o "día de la Educación
Física en la calle."
Dende o colexio tíñamos
programada unha saída para realizar actividade física ó aire libre, pero como
non se pode, decidimos, con outros 114 centros escolares de Galicia, seguir
adiante con esta xornada de concienciación sobre a importancia da Educación
Física, e para elo preparamos unha actividade para que a poidades facer en
compañía das vosas familias e nas vosas casas.
Trátase dunha versión do “xogo da
Oca”, modificamos todas as casillas poñendo xogos e exercicios físicos. Para
empezar, pinchamos no dado que aparece arriba na esquina dereita, e volvemos a
pinchar encima del para paralo e contar desde o inicio. E a disfrutar!